Concello de Narón
Aviso Legal

O Concello de Narón, a través dos dominios naron.es, concellodenaron.com e naronconcello.org facilita información de interese xeral da cidade e, en particular, información e xestións propias da organización municipal.

Así mesmo, o Concello de Narón non asume responsabilidade algunha en relación có material incluído nestas páxinas. Tal material consiste únicamente en información pública de carácter xeral non ofrece necesariamente información completa, exacta ou actualizada. En ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos que estivesen suxeitos exclusivamente á normativa que lle sexa de aplicación.

O Concello de Narón non se fai responsábel do acceso ou uso dos contidos. Do mesmo xeito o Concello de Narón non se fai responsábel dos acceso e contidos que aparezan nas ligazóns a outros dominios que se inclúen non dominios naron.es, concellodenaron.com e naronconcello.org.

Toda a información contida nos dominios naron.es, concellodenaron.com e naronconcello.org poderá ser modificada e actualizada polo Concello de Narón sen necesidade de aviso previo.

As fotografías que aparecen nesta páxina son propiedade do Concello de Narón e autoría de Carlos Carballeira e poden estar suxeitas a dereitos de copia (copyright). Do mesmo xeito, na sección do Padroado da Cultura, as fotografías son propiedade do Concello de Narón e autoría de Kiko Delgado e, do mesmo xeito, poden estar suxeitas a dereitos de copia (copyright)

O tratamento dos datos de carácter persoal que se recollen na través dos dominios naron.es, concellodenaron.com e naronconcello.org baséase no disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal. O interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos establecidos na lexislación aplicábel.

O Concello de Narón pon a dispor dos usuarios da web un enderezo de correo-e para que poidan manifestar as súas queixas e comentarios en relación cós contido se informacións que se faciliten a través da web, que serán debidamente atendidos correxindo de xeito inmediato aquelas situacións que representen un prexuízo, non respondan á verdade e supoñan ofensa para persoas ou colectivos.

www.naron.es