Concello de Narón
Novas
A SEGUNDA FASE DA COPA DE ESPAÑA DE XIMNASIA ESTÉTICA DE GRUPO DISPUTARASE ESTA FIN DE SEMANA NO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA
Nas diferentes probas participarán case 300 ximnastas procedentes de clubes de Galicia e tamén doutras comunidades autónomas españolas
O PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS" DISPÓN DE CORENTA VACANTES PARA A RUTA DO DÍA 21 DE FEBREIRO
Os participantes percorrerán un tramo duns once quilómetros entre as praias de Santa Comba, en Ferrol, e Campelo, en Valdoviño
A ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS" MODIFICA O PERCORRIDO PREVISTO PARA O 21 DE FEBREIRO
Os camiñantes irán a pé desde a praia de Santa Comba, en Ferrol, ata a de Campelo, en Valdoviño, ao non reunir as condicións de seguridade precisas o percorrido previsto pola marxe do río Xuvia
O CONCELLO ACOLLEU UNHA RECEPCIÓN INSTITUCIONAL A JAVIER LOZANO, PRESIDENTE DA LIGA NACIONAL DE FÚTBOL SALA
O alcalde, José Manuel Blanco, recibiu no seu depacho a Lozano, que estivo acompañado polo director de Organización Deportiva da LNFS, directivos do Cidade de Narón Fútbol Sala, e polo edil Guillermo Sánchez Foj...
JOSÉ MANUEL BLANCO ENTREGOU O PREMIO AO MELLOR DEPORTISTA DE BASE DE FÚTBOL SALA DE NARÓN EN 2015 A MARCO CAGIAO RODRÍGUEZ
O galardoado xoga no Cidade de Narón Fútbol Sala e recibiu o premio no Consistorio
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A iniciativa diríxese a persoas nacidas entre os anos 2001 e 2005 e o prazo para anotarse rematará o 22 de xaneiro
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NA TERCEIRA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
As persoas interesadas en percorrer a pé un tramo do camiño a San André de Teixido o vindeiro 24 de xaneiro poderán anotarse a partir do día 11 deste mes no polideportivo da Gándara
O CIDADE DE NARÓN E O COFERSA-PARRULO DISPUTARÁN UN PARTIDO PARA RECADAR ALIMENTOS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
O pavillón municipal da Gándara acollerá este evento o sábado, día 2, a partir das oito da tarde
www.naron.es