Concello de Narón
Novas
A COPA GALICIA FEMININA XA TEN SEMIFINAIS: DURÁN MAQUINARIA ENSINO - MARISTAS CORUÑA E CELTA FEMXA ZORKA – BAXI FERROL BUSCAN A FINAL EN NARÓN
O Pavillón da Gándara, en Narón, foi o escenario do sorteo que determinou os enfrontamentos da penúltima rolda da competición, que terá lugar o venres 19 e sábado 20 nesta localidade
Narón, 15 de setembro de 2025,- A emoción da XXXVIII Copa Galicia Feminina está servida. O sorteo celebrado esta mañá no Pavillón da Gándara, en Narón, decidiu os cruces das semifinais, que medirán o vindeiro venres, día 19, a Durán Maquinaria Ensino contra Maristas Coruña (18:30 h) e Baxi Ferrol contra Celta Femxa Baloncesto (21:00 h). As gañadoras xogarán a final o sábado 20 ás 20:00 horas. O acto contou coa presenza da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o presidente da Federación Galega, Julio Bernárdez; e a Vicepresidenta FEGABA, Susana García quen subliñou que “esta Copa é o escaparate perfecto para visibilizar o talento do noso baloncesto feminino”. “A presenza da Copa en Narón é tamén unha homenaxe á última gran temporada que Baxi Ferrol nos regalou a todos”, salientou. Pola súa parte, a Delegada Terrritorial da Xunta en Galicia, Martina Aneiros; remarcou a calidade dunha “máis que consolidada Copa Galicia, da que 38 edicións faltan por por si soas”. “É un orgullo se celebre en Narón e nun momento tan extraordinario para o Baloncesto Galego e, en especial en el baloncesto femenino” concluiu. Finalmente, a alcaldesa de Narón pechou a presentación louvando a celebración dunha edición de Copa Galicia que “permitirá que as nosas deportistas desfruten sobre a pista de auténticos referentes”. Nesta liña, amosou una vez más “o apoio indubidable do Concello ao deporte femenino”. As entradas individuais e abonos continúan á venda a través de Ataquilla.com.
www.naron.es