Concello de Narón
Novas
A CONCELLERÍA DE DEPORTES ANUNCIA A HOMOLOGACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE A ESTRELA, (SANTA ICÍA)
Pódense disputar xa partidos de fúbol oficiais na categoría de afeccionados.
Narón, 26 de Abril de 2013.- A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de anunciar a homologación do campo de fútbol de A Estrela (en Santa Icía) por parte da Federación Galega de Fútbol. Con esta homologación, o club de fútbol de Santa Icía poderá xogar no seu campo partidos de fútbol oficiais, na categoría de afeccionados. A homologación deste campo conseguiuse grazas a un traballo conxunto do Padroado de Deportes de Narón, a Federación Galega de Fútbol e o Club A Estrela de Santa Icía. “Grazas ó esforzo conxunto, acadouse algo tan importante para este barrio coma a homologación do seu campo de fútbol”; lembrou a edil de Deportes de Narón. Natalia Hermida agradeceu á Federación Galega de Fútbol “e máis concretamente ó seu delegado comarcal, Manolo Mesa, e ó seu equipo, así coma á directiva do Club A Estrela, o esforzo e a ilusión postos neste obxectivo”. O Club A Estrela disputará o seu primeiro partido oficial neste campo o vindeiro domingo 5 de maio.
www.naron.es