Son o Narón Balompé Piñeiros, Sociedade Deportiva O Val, Agrupación Deportiva Santiago Apostol, e Escola Superior de Karate.
Narón, 30 de Abril de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe catro convenios de colaboración en materia deportiva, por importe conxunto de 96.000 euros. Tratáse de acordos para continuar impulsando o deporte de base, tal e como indicou o rexedor. “O Concello segue a apostar polo fomento das disciplinas deportivas, e aínda que os convenios téñense reducido respecto ó ano anterior, debido á situación económica, son cantidades importantes” declarou José Manuel Blanco, destacando o “esforzo económico que fai o Concello por continuar nesta senda”.
A relación de convenios asinados hoxe cos presidentes das entidades deportivas é a seguinte:
-Sociedade deportiva O Val (30.000 €). Presidente: Francisco Javier Aneiros.
-Agrupación deportiva Santiago Apóstol (22.000 €). Presidente: Juan Manuel Pérez Porto.
-Escola Superior de Karate (9.000 €). Presidente: Gustavo Vázquez Estevez.
-Club Narón Balompé Piñeiros (35.000 €). Presidente, Fausto Rivera González.