ABERTO O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
Existen 18 prazas dispoñibles, na quenda do 30 de xuño ó 6 de xullo.
Narón, 2 de Maio de 2013.- O Padroado de Deportes do Concello de Narón abríu hoxe, xoves 2 de maio o prazo de preinscripción para participar nos Campamentos de Verán da Deputación de A Coruña. Os interesados terán de prazo ata o 16 de maio. As instancias pódense recoller nas oficinas de deportes do Complexo Polideportivo de A Gándara, na Oficina de Información Xuvenil do Concello (OMIX- situada no 1º andar do Concello) ou no Rexistro Xeral do Concello. Neste último lugar haberá que presentalas debidamente cubertas.
Os destinatarios son nenos/as de Narón, nados/as entre os anos 1999 e 2003 –ambos incluídos- e o prezo é de 85 euros. As datas deste campamento (corresponden á primeira quenda) son do 30 de xuño ó 6 de xullo, e existen 18 prazas dispoñibles. O sorteo das mesmas realizarase o día 21 de maio.
O campamento se desenvolverá no Centro Calvo Sotelo de A Coruña, onde os participantes poderán realizar actividades deportivas, participar en veladas nocturnas e realizar actividades culturais. Ademáis, este ano como novidade ofértanse clases de inglés.
A documentación necesaria para solicitar praza nestes campamentos é a seguinte:
-Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
-Unha foto tipo carné.
-Fotocopia da tarxeta sanitaria.
-Fotocopia do Libro de Familia ou DNI.
-Volante de empadroamento no concello.
-Copia de pagamento da cota de inscrición (despois de realizado o sorteo das prazas, e confirmadas a mesmas).
-Xustificante médico no caso de ter algunha doenza, tratamento específico ou alerxia.
Para máis información, pódese consultar a web www.dicoruna.es