Concello de Narón
Novas
O CLUB DE GOLF CAMPOMAR E O CONCELLO ASINAN UN CONVENIO PARA A PRÁCTICA DESTE DEPORTE EN TÓDALAS CATEGORÍAS
A entidade deportiva fomenta o golf dende as categorías base ata a senior.
Narón, 6 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club de Golf Campomar, Manuel Villadóniga, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia deportiva. Tamén estiveron presentes na firma a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e a Xerente do Club de Golf Campomar, Noelia Couce. O acordo obriga ó club situado en O Val a fomentar e practicar o golf, dende as categorías base ata a categoría senior, sendo o encargado da realización, coordinación, promoción e dsenvolvemento de calquera actividade relacionada co mesmo. A cambio, percibirá unha achega anual de 12.000 euros. O convenio ten unha duración de 1 ano (do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2013).
www.naron.es