Celébranse os días 17 e 18 de maio, no río Xuvia e nos campos de caza de Sedes, respectivamente.
Narón, 13 de Maio de 2013.- O Couto do Río Grande de Xuvia acollerá o venres 17 de maio –en horario de 9:00 a 13:45 horas. O XIX Campionato de Pesca ‘Cidade de Narón’, organizado pola Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. Este evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e os directivos da Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, Eloy Saavedra e Eliseo Faraldo.
As inscricións poderán realizarse na sede da propia asociación (situada no Lugar da Igrexa, 3 –San Xiao-) ou ben nos teléfonos 615 055 041 ou 618 766 262.
Ó día seguinte, sábado 18 de maio disputarase o V Torneo de San Huberto Cidade de Narón de caza, puntuable para a Copa Galicia, nos campos de caza intensiva de Sedes. A proba terá lugar de 9:00 a 14:00 horas, e os interesados poden inscribirse na Federación Galega de Caza en A Coruña (981 702 957) ou no tf. 981 368 432 antes do 16 de maio ás 14:00 horas. Tanto a concentración previa á proba coma a entrega de premios terán lugar no Mesón A Trasanquesa (Sedes).
Tamén o sábado 18 de maio celébrase o IV Torneo de Rastro de Xabaril Cidade de Narón, entre as 8:00 e as 15:00 horas. Este torneo rexerase polo Regulamento de San Huberto da R.F.E.C. e normas complementarias da Federación Galega de Caza. As inscricións realizaranse na Federación Galega de Caza en A Coruña (tf. 981 702 957) ou no tf. 981 368 432 (Paco). O comité organizador está formado por Eloy Saavedra Vidal (presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia), Eliseo Faraldo e Francisco Rivera. O director da proba será David Casal Lamas, e o xurado da competición designarase o mesmo día no lugar da proba.
As probas do sábado realízanse en colaboración coa Federación Galega de Caza.