Concello de Narón
Novas
APRAZADA A CONVOCATORIA DE DEPORNARÚA 2013
A causa da previsión de chuvia para a xornada do domingo 19 de maio.
Narón, 15 de Maio de 2013.- O Padroado de Deportes do Concello de Narón ven de aprazar a celebración da xornada deportiva Depornarúa 2013, prevista para o día 19 de maio. O motivo da suspensión é a previsión metereolóxica, que augura un 95% de probabilidades de chuvia nesa xornada. Estaba prevista a realización de máis de 10 actividades deportivas en diferentes rúas do barrio de A Gándara durante a mañá, todas no exterior. O Padroado de Deportes buscará outra data para a celebración deste programa. Depornarúa 2013 incluía as seguintes actividades: -Baloncesto 3x3 -Tenis de Mesa -Tiro con arco -Patinaxe e Free-style -Spinning e Power Pump -Judo e Kick-Boxing -Xogos populares -Inchable -Parque Biosaludable Para poder desenvolver este programa, contábase coa colaboración dos seguintes clubs e patrocinadores: A.D. Santiago Apostol, Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, Arco Narón, Judo Club Narón, Kick-Narón, Sobre Rodas Patinaxe, Ximnasio Beni Gym, Sedega, ONG Lena, e Coca-Cola.
www.naron.es