Concello de Narón
Novas
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLE O CAMPIONATO GALEGO DE PIRAGUISMO 2013
Celébrase o domingo 7 de xullo, coa participación de 29 clubs e 374 padexeiros/as de categorías de base, homes e mulleres, benxamíns e alevíns.
Narón, 5 de Xullo de 2013.- O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá o domingo 7 de xullo o Campionato Galego de Piragüismo 2013, no que daranse cita 29 clubs e 374 padexeiros/as pertencentes ás categorías de base, homes e mulleres benxamíns e alevíns. A organización corre a cargo do Club de Piragüismo de Narón, en colaboración co Concello de Narón, a Federación Galega de Piragüismo e a Asociación de Veciños Altea de Xuvia. A proba dará comezo ás 16:00 horas e finalizará ás 19:00 horas. Os participantes percorrerán unha distancia de 1500 metros en embarcacións de tipo k1. A continuación se celebrará a entrega de trofeos. O éxito da participación débese á boa organización da proba, que está considerada pola Federación Galega de Piragüismo como a mellor organizada de todo o panorama galego. Os tres clubs da comarca, Xuvenil das Pontes, Firrete de Pontedeume e Club de Piragüismo Narón estarán presentes neste campionato.
www.naron.es