Concello de Narón
Novas
INAUGURACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A SOLAINA
Dará servizo ó CEIP de A Solaina, á ANPA do centro escolar e ós veciños/as do barrio.
Narón, 17 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, inaugurou hoxe o Pavillón Polideportivo Municipal de Santa Icía, ubicado na parcela do CEIP de A Solaina. No acto oficial tamén participaron diferentes membros da Corporación Municipal de Narón, o director do CEIP e o presidente da ANPA de A Solaina, e representantes da Asociación de Veciños de Santa Icía. A superficie desta instalación deportiva é de 1.995 m2, repartidos da seguinte maneira: pista polideportiva (1.305 m2), 1ª planta (426 m2) e servizos, vestiarios e outros espazos (386 m2). O pavillón ten unha capacidade para albergar a 755 persoas na pista polideportiva, e, dispón de 280 localidades (180 gradas fixas e 100 gradas supletorias). A inversión total nesta infraestrutura polideportiva acadou os 903.734 €, que foron aportados entre o Concello de Narón e fondos Europeos do seguinte xeito: -Fondos Feder (2007/2012): 569.903€ -Aportación municipal: 265.024€ -Obras complementarias realizadas polo Concello: 68.807€ Logo de descubrir a placa conmemorativa do acto, o Alcalde sinalou que “hoxe esta infraestrutura deportiva é unha realidade. Costou traballo pero é un servizo do que colexio e tamén para o barrio de A Solaina. Penso que temos inaugurado unha instalación digna, e o importante é que sexa de proveito para os usuarios”, indicou José Manuel Blanco. O director do CEIP de A Solaina, Antón López, quixo agradecer a tres persoas en concreto a construción desta infraestrutura: “a Manuela Pérez Sequeiros, ex concelleira de Educación de Narón, que xa non está connosco pero que axudou moito nesta reivindicación; a un ex delegado de Educación da Xunta de Galicia, e ó actual alcalde, José Manuel Blanco, a quen lle vin un grande interés por sacar adiante este proxecto”, declarou López. A distribución de usos do Pavillón Polideportivo de A Solaina é a seguinte: De luns a venres -De 9:00 a 16:00 horas: uso escolar por parte do CEIP de A Solaina (voleibol, baloncesto e jockey) -De 16:00 a 19:00 horas: actividades extraescolares promovidas pola ANPA do CEIP A Solaina (kárate, baloncesto e patinaxe). A ANPA tamén celebrará neste pavillón os festivais de Nadal, Carnaval e Fin de Curso. -De 19:00 a 23:00 horas: uso municipal (voleibol, fútbol e baloncesto) Fines de semana e festivos -Uso municipal
www.naron.es