Concello de Narón
Novas
O XVII TROFEO DE BATEIS 'CIDADE DE NARÓN' CELÉBRASE O SÁBADO 1 DE MARZO NA ENSEADA DE A GÁNDARA
O Club de Remo Narón organiza esta competición, na que se espera a presenza de 15 clubs e a participación aproximada de 300 remeiros da zona norte.
Narón, 27 de Febreiro de 2014.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o XVII Trofeo de Bateis ‘Cidade de Narón’ que se desenvolverá o sábado 1 de marzo na Enseada de A Gándara, en horario de 16:00 a 20:00 horas. O Club de Remo Narón organiza este trofeo, dentro do cal se disputa a quinta regata da Liga Territorial Norte de Bateis. Formarán parte do trofeo aproximadamente 15 clubs da zona norte, entre os que suman preto de 300 participantes, repartidos en equipos de catro remeiros e un patrón. Competirán equipos de tódalas categorías, tanto femininas como masculinas. Asimesmo e para fomentar o deporte de base, realizarase unha regata de alevíns -se as condicións climatolóxicas o permiten-. Ó finalizar as regatas, farase entrega dos correspondentes trofeos.
www.naron.es