Celébrase o sábado 3 de maio no Auditorio da Praza de Galicia, con máis de 50 participantes de toda Galicia e norte de España.
Narón, 29 de Abril de 2014.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o sábado 3 de maio a partires das 16:00 horas o Campionato Galego e do Norte de España de Fisioculturismo e Fitness, organizado pola AEFF -Asociación Española de Fisioculturismo e Fitness- a través de Luis Pernas, propietario do centro deportivo Natural Revolution Fitness Center. As entradas estarán á venta nas billeteiras do Auditorio ó prezo de 10 euros.
O evento contempla a celebración de diferentes probas, nas que tomarán parte máis de 50 participantes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa e Castela e León. Do total de participantes, 16 proceden de Narón.
Establécense categorías masculina e feminina para o campionato, que será valorado por 7 xuices da Asociación Española de Fisioculturismo e Fitness. Dentro de cada categoría, haberá diferentes probas:
Categoría masculina:
-Principiantes
-Mens Fashion
-Culturismo (talla baixa, talla media e talla alta)
Os campións de cada unha destas probas se disputarán o Trofeo Campión Absoluto Cidade de Narón.
Categoría feminina:
-Bikini
-Body Shape
-Culturismo
As gañadoras disputarán o Trofeo Honorífico Luis Pernas, no que se valorará o mellor esforzo persoal.
Ademáis, haberá un Premio Especial ó Mellor Posador, consistente nunha estancia de Fin de Semana nun balneario. Os asistentes ó evento tamén poderán contemplar unha Exhibición de Luis Pernas, organizador e actual Campión de España de Fisioculturismo na categoría de peso pesado 2013. Ademáis deste título, Luis Pernas foi campión de España noutras 3 ocasións, e Campión Internacional do campionato “Mar Mediterráneo” en 2006.