Concello de Narón
Novas
O SORTEO DE PRAZAS PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2014 DA DEPUTACIÓN CELÉBRASE O VENRES 23 DE MAIO NO SALÓN DE PLENOS
Hai 33 solicitudes para as 18 prazas disponibles. O sorteo realizarase ás 11:00 horas perante o Secretario Xeral do Concello de Narón.
Narón, 21 de Maio de 2014.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, ven de anunciar a data do sorteo público das 18 prazas ofertadas para os Campamentos Deportivos 2014 da Deputación de A Coruña, que se celebrarán do 6 ó 12 de xullo en A Coruña. A adxudicación de prazas terá lugar o venres 22 de maio, ás 11:00 horas, no Salón de Plenos do Concello perante o Secretario Xeral. O número de aspirantes é de 33 nenos/as nados entre os anos 2000 e 2004, e empadroados en Narón. Para máis información, pódese contactar co Servizo Municipal de Deportes (teléfono 981 33 77 00- extensión 2505) ou consultar a páxina web da Deputación: www.dicoruna.es
www.naron.es