O COMPLEXO POLIDEPORTIVO DE A GÁNDARA ACOLLERÁ O 21º TROFEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN
Haberá tres categorías de base: alevín mixto, cadete feminino e infantil masculino. Participarán o Club Balonmán Camariñas, Balonmán Compañía de María e Club Balonmán Narón.
Narón, 12 de Maio de 2014.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acollerá o sábado 17 de maio o XXI Trofeo de Balonmán ‘Cidade de Narón’ nas categorías de base. O evento deportivo foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes (Natalia Hermida) e a directiva do Club Balonmán Narón (José Oreona –presidente-, Laura Barrio –vicepresidenta- e José Luis Martínez –Secretario-).
Está prevista a participación de tres clubs de Balonmán:
-Club Balonmán Camariñas
-Balonmán Compañía de María (Ferrol)
-Club Balonmán Narón
Trátase dun torneo de deporte base, no que se teñen establecido tres categorías:
-Alevín mixto (xogarán de 15:30 a 17:30 horas)
-Cadete feminino (de 17:30 a 19:00 horas)
-Infantil masculino (de 19:00 en adiante)
Ó finalizar celebrarase a entrega de trofeos.
Este evento está organizado por vixésimo primeiro ano consecutivo polo Club Balonmán Narón, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. A edil da área, Natalia Hermida, agradeceu á directiva da entidade o traballo que realizan para sacar adiante este trofeo, e valorou os bos resultados acadados polo club grazas ós cales se conseguiu recuperar o equipo Senior masculino, despois de dous anos sen él.
Ademáis, cabe destacar que o equipo Infantil masculino atópase en promoción de ascenso para a División de Honor.