Concello de Narón
Novas
A SOCIEDADE DE CAZA E PESCA DE XUVIA ORGANIZA ESTE SÁBADO O XX CAMPIONATO DE CAZA E PESCA NO RÍO XUVIA, E OS TORNEOS DE SAN HUBERTO E RASTRO DE XABARIL NO MONTE DE SEDES
Narón, 15 de Maio de 2014.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, o presidente da Sociedade de Caza e Pesca (SCP) de Xuvia, Eloy Saavedra e o director técnico dos campionatos, Eliseo Faraldo, presentaron hoxe en rolda de prensa dous eventos deportivos organizados por esta entidade en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. Ambos terán lugar na mañá do sábado 17 de maio. Por un lado, presentouse o XX Campionato de Pesca ‘Cidade de Narón’ que se celebra no Couto do Río Grande de Xuvia, en horario de 9:00 a 13:45 horas. Ata o momento, hai 16 participantes confirmados e as inscricións siguen abertas no local da Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia (lugar da Igrexa, 3 –San Xiao-) ou nos teléfonos 981387809 / 615055041 / 618766262. Por outra banda, a SCP de Xuvia e a Federación Galega de Caza organizan este sábado o VI Torneo de San Huberto e o V Torneo de Rastro de Xabaril ‘Cidade de Narón’, puntuables para a Copa Galicia. Os campionatos terán lugar nos Campos de caza intensiva do Monte dos Nenos (Sedes), de 8:00 a 15:00 horas. Actualmente hai 80 persoas inscritas neste campeonato, que se celebra tódolos anos coincidindo coa Festividade das Letras Galegas, o 17 de maio. O prazo de inscrición continúa aberto. A entrega de premios destes campionatos celebrarase ó mediodía, no Restaurante A Trasanquesa (Sedes).
www.naron.es