Concello de Narón
Novas
ASINADOS TRES CONVENIOS POR IMPORTE CONXUNTO DE 43.000 EUROS PARA O FOMENTO DO BALONCESTO, BALONMÁN E TENIS DE MESA
O Alcalde de Narón destacou os bos resultados deportivos acadados por estos tres clubes na presente tempada.
Narón, 22 de Maio de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, asinou hoxe tres convenios de colaboración en materia deportiva, coas seguintes entidades: -Agrupación Deportiva Santiago Apóstol. Convenio asinado polo seu presidente, Juan Manuel Pérez Porto. O obxectivo é a coordinación e promoción do Baloncesto dende as categorías Base ata a categoría Senior. Importe do convenio: 28.000€. -Club Balonmán Narón. Asinou o seu presidente, José Oreona Bra. O acordo busca o fomento e a práctiva do Balonman, nas categorías Alevín, Infantil, Cadete e Senior. Importe do convenio: 8.000€. -Club Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’. Foi asinado polo seu presidente, Fernando Montero Bellas. O club fomentará e potenciará a práctica do Tenis de Mesa dende as categorías Base ata a Senior. Importe do convenio: 7.000€. As entidades agradeceron ó Concello o seu respaldo e o apoio no fomento do deporte. Pola súa banda, o Alcalde de Narón felicitou ós tres clubs por ter acadado unha excelente temporada deportiva, xa que a Agrupación Deportiva Santiago Apóstol xogará a Fase Nacional Cadete (este fin de semana en Zaragoza), o Club Balonmán Narón disputará o ascenso a División de Honor na categoría Infantil (o sábado 24 ás 11:30 horas no Pavillón de A Gándara) e o Club Tenis de Mesa xogará o Campionato de España en tódalas categorías, ademáis de ter ascendido a División de Honra Feminina.
www.naron.es