Concello de Narón
Novas
O CONCELLO DE NARÓN DESTINA 15.000 EUROS Ó FOMENTO DO KÁRATE E DO VOLEIBOL DURANTE O ANO 2014
O Alcalde asinou dous convenios de colaboración cos presidentes da Escola Superior de Kárate de Narón e o Club Narón Volea.
Narón, 5 de Xuño de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe dous convenios de colaboración en materia deportiva cos seguintes clubs: -Escola Superior de Kárate de Narón. Asinou o convenio o seu presidente, Gustavo Vázquez Estévez. Importe do convenio: 9.000€. -Club Narón Volea. Asinou o convenio o seu presidente, Plácido Vicente Armada. Importe do convenio: 6.000€. A vixencia de ambos convenios é anual e corresponde ó ano 2014. O obxecto destes acordos é o fomento e a potenciación da práctica do Kárate e do Voleibol, dende as categorías base ata a categoría senior. Na firma dos convenios tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, quen destacou o excelente momento que está a vivir o deporte en Narón neste ano, no que os clubs teñen acadados importantes éxitos no que vai de 2014. Así, a Escola Superior de Kárate de Narón (con 65 deportistas federados) proclamouse Campeona Galega nas categorías de cadete, junior, sub21 e absoluto, e Subcampeona Galega e bronce en alevín, infantil e xuvenil. Tamén acadou 3 medallas de bronce nos Campeonatos Internacionais de Kárate celebrados recentemente en Madrid, nas categorías junior e absoluto. E o Club Narón Volea (con aproximadamente 90 deportistas federados) resultou Campeón Galego Alevín en 2014 na categoría feminina, e subcampeón no Campeonato Galego Mixto. Tamén gañou a Liga zonal nas categorías de benjamín e alevín.
www.naron.es