Concello de Narón
Novas
O CONCELLO E O CLUB DE GOLF CAMPOMAR ASINAN UN CONVENIO PARA A PRÁCTICA DESTE DEPORTE
A entidade, con sede en O Val, recibirá unha achega municipal de 12.000€ para o fomento do Golf en tódalas categorías.
Narón, 18 de Xuño de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club de Golf Campomar, Manuel Villadóniga, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia deportiva. Este acordo corresponde á anualidade de 2014 e o principal obxetivo do mesmo é a coordinación e promoción de calquera actividade relacionada co Golf. Para iso, o Club Campomar deberá fomentar e potenciar a práctica deste deporte dende as categorías Base ata a categoría Senior. A cambio, percibirá unha achega de 12.000 euros para a posta en práctica destas accións deportivas.
www.naron.es