Concello de Narón
Novas
PRESENTACIÓN DO XIII TROFEO DE ATLETISMO 'CIDADE DE NARÓN', ORGANIZADO POLO CLUB DE ATLETISMO AFFLELOU NARÓN
Dispútase o sábado 19 de xullo no Estadio Municipal de Río Seco.
Narón, 17 de Xullo de 2014.- O Estadio Municipal de Río Seco acollerá o sábado 19 de xullo (en horario de 10:30 a 13:45 horas) o XIII Trofeo de Atletismo ‘Cidade de Narón’ no que participarán clubs de toda Galicia. As inscricións están aínda abertas e agárdase a participación aproximada dun centenar de atletas de tódalas categorías (dende Benxamín ata Absoluto). O presidente do Club de Atletismo Afflelou Narón, Alvaro Valle, presentou hoxe en rolda de prensa este campionato acompañado pola edil de Deportes do Concello de Narón, Natalia Hermida. O club ten xa ultimado o seguinte calendario de probas a disputar: -Salto de altura (masculino e feminino) -Semifinais 100 metros lisos (masculino e feminino) -Lanzamento de peso (mixto) -60 metros benxamín e alevín (masculino e feminino) -80 metros infantil (masculino e feminino) -200 metros absoluto feminino -110 metros valla masculino e 100 metros valla feminino -Salto con pértiga (mixto) -Salto de lonxitude (masculino e feminino) -800 metros masculino e 400 metros feminino -100 metros absoluto masculino e feminino -500 metros benxamín, alevín e infantil (masculino e feminino) -Relevos 4 x 100 metros (masculino e feminino) O presidente do Club de Atletismo Afflelou Narón agradeceu ó Concello de Narón a súa colaboración á hora de organizar este trofeo, que conta tamén coa axuda da Federación Galega de Atletismo. Ademáis, Alvaro Valle amosouse satisfeito polos resultados deportivos acadados na temporada 13/14 nos o club resultou Campión da Copa Galicia en pista cuberta e logrou o 2º posto no Campionato Galego ó aire libre, e o 3º na fase de ascenso á División de Honra. Ese palmarés tamén foi recoñecido por Natalia Hermida, quen asegurou que “é unha satisfacción ver como logo de 26 anos de actividade, o Club de Atletismo de Narón segue a manter unha estabilidade e un palmarés destacado” indicou a Concelleira de Deportes.
www.naron.es