Concello de Narón
Novas
O ALCALDE DE NARÓN ASINA UN CONVENIO CO CLUB A FERVENZA DE FÚTBOL SALA FEMININO
O Concello achega un total de 5.000 euros e cede o uso do Pavillón de As Lagoas para esta práctica deportiva.
Narón, 18 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou onte un convenio de colaboración coa presidenta do Club A Fervenza de Fútbol Sala Feminino, Eulalia Mouriz, cunha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2014). Na rúbrica do acordo tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida. En virtude deste convenio, o Concello aportará a cantidade de 5.000 € para o fomento desta actividade deportiva, ademáis da cesión do uso do Pavillón de As Lagoas (os luns de 17 a 19 h, mércores de 18 a 19 h, e venres de 17 a 18 h). A cambio, o club comprométese á coordinación e promoción de calquera actividade relacionada co Fútbol Sala Feminino.
www.naron.es