Concello de Narón
Novas
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E O CLUB ACORDES NARÓN PARA O FOMENTAR E POTENCIAR A XIMNASIA RÍTMICA
Dende a administración municipal achegaranse 15.000 € para esta disciplina deportiva.
Narón, 23 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado da Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, asinou hoxe un convenio de colaboración coa presidenta do Club Acordes Narón de Ximnasia Rítmica, Izaskun Hernaez, para a coordinación e promoción desta disciplina deportiva. A través deste acordo, o club naronés comprométese a fomentar e potenciar a práctica da Ximnasia Rítmica dende as categorías base ata a senior. A cambio, o Concello realizará unha achega de 15.000 euros para contribuir a este fin, e cederá o uso do Pavillón de A Gándara e do Ximnasio deste Pavillón no horario consensuado entre ambas partes. O convenio ten unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2014).
www.naron.es