Concello de Narón
Novas
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS REMATA O MARTES 29 DE XULLO
Narón, 28 de Xullo de 2014.- O Concello de Narón mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes de subvención para asociacións, entidades e clubs de ámbito municipal, no eido do deporte. A convocatoria estará vixente ata o martes 29 de xullo de 2014. Os interesados poden retirar a solicitude nas oficinas do Servizo de Deportes (situado no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara) en horario de 9:00 a 13:00 horas, e unha vez cubertas deberán presentalas no Rexistro Xeral do Concello. As solicitudes tamén poden atoparse na web do Padroado de Deportes (www.padroadodeportesnaron.com), dentro do banner “Subvencións deporte 2014”, onde os interesados poden cubrila e imprimila para a súa presentación no Rexistro Xeral do Concello. A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, destina un total de 30.000 euros a esta convocatoria.
www.naron.es