Concello de Narón
Novas
O CONCELLO ASINA UN CONVENIO CO CLUB ARCO NARÓN PARA A PRÁCTICA E FOMENTO DO TIRO CON ARCO
A administración municipal destinará 17.000 euros a esta actividade deportiva.
Narón, 30 de Xullo de 2014.- O Alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente do Club Arco Narón, Anxo Grandal d’Anglade, asinaron hoxe un convenio de colaboración acompañados pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida. O acordo ten unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2014) e ten como obxecto a coordinación e promoción de calquera actividade relacionada co Tiro con Arco. O Concello realizará unha achega de 17.000 euros, e cederá as instalacións do Pavillón de A Mocidade de A Gándara (de luns a venres, de 18 a 20 horas) exceptuando os meses de verán.
www.naron.es