Concello de Narón
Novas
O LUNS 8 DE SETEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS DE NATACIÓN E ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO PAVILLÓN DE A GÁNDARA
Narón, 3 de Setembro de 2014.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, ven de informar da apertura do prazo de inscrición para as Escolas Deportivas de Natación, e as actividades deportivas que se desenvolven no Pavillón de A Gándara. O prazo abrirase o vindeiro luns 8 de setembro para os usuarios empadroados en Narón. Ofértanse diferentes grupos: nenos/as, adultos, matronatación, e natación para usuarios con diversidade funcional. Tamén se abrirá a matrícula para as actividades de: Yoga, Ximnasia de Mantemento, Pilates, e Musculación. Ó igual que no caso das escolas de natación, o prazo está aberto para veciños/as de Narón. Para o resto de usuarios, o prazo se abrirá do 15 de setembro en adiante. As inscricións poden formalizarse nas oficinas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas. Para máis información, pódese chamar ó teléfono 981 38 75 22 (extensión 2503).
www.naron.es