Concello de Narón
Novas
O XII TROFEO DE TIRO CON ARCO 'CIDADE DE NARÓN' DISPÚTASE ESTE SÁBADO NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE AS LAGOAS
Está prevista a participación de 97 participantes, procedentes de 15 clubs de Galicia.
Narón, 7 de Novembro de 2014.- O Club Arco Narón, en colaboración co Padroado de Deportes de Narón, desenvolverá o sábado 8 de novembro o XII Trofeo de Tiro con Arco ‘Cidade de Narón’. A cita terá lugar no Pavillón Polideportivo de A Lagoas, en horario de 9:00 a 22:00 horas. Trátase dun Torneo Oficial do Calendario da Federación Galega de Tiro con Arco, valedero para o ránking daFederación Galega e Clasificatorio para formar os equipos de Galicia que acudirán ó Campionato de España. Tamén é válido para a clasificación do Nacional Postal que organiza a Federación Española de Tiro con Arco. Os 24 parapetos (que cubren toda a instalación) están cheos, pois agárdase a participación dun total de 97 deportistas, quedando fora da inscrición por non dispoñer de máis espazo outros 15 deportistas. En total participan 15 clubes de toda Galicia, e haberá 11 categorías á vez en competición. Están presentes varios Campións de España en diversas categorías, (Iria Grandal, Rodrigo Fernández, C.Castro, M. Alvariño, Gabriel Galante, D.Castro), dándolle así un toque de altísimo nivel a este torneo.
www.naron.es