Concello de Narón
Novas
O XXII TROFEO DE NATACIÓN 'CIDADE DE NARÓN' DISPÚTASE O SÁBADO 22 DE NOVEMBRO NO PAVILLÓN DE A GÁNDARA
Participarán 200 nadadores en representación de 14 clubes de Galicia e Asturias.
Narón, 21 de novembro de 2014.- O vindeiro sábado 22 de noviembre dispútase no Complexo Polideportivo de A Gándara o XXII Trofeo de Natación 'Cidade de Narón', no que se darán cita cerca de 200 participantes, representando a 14 clubes: CN Cidade de Santiago -campeón del 2013- CN Arteixo, CN Xove (Lugo), CN Portamiñá de Lugo, CN Ferrol, Club Marina, CN Cedeira, CN Riveira, CN Galaico de Pontevedra, AD Fogar de Carballo, CN Coruña, CN Redondela, AD Náutico Narón e os asturianos do CN Villa de Navia. A maioría dos clubes acudirán cos seus equipos de gala e os seus nadadores punteiros, así destacar a nivel individual confirmada la presencia de: Belén e Laura Rodríguez, Raquel Pérez (Villa de Navia), Marcos García e Laura Santalla (CN Ferrol), Marta Pereira, Alberto Fernández, Luis Suárez (Marina Ferrol) Virginia Naya, Noelia Gómez (CN Arteixo), Carlos Brión (CN Riveira), Saúl Astray, Adrián Gándara, Iria Seoane (Cidade de Santiago), Carmen Gómez -Juegos Juventud triatlón-, Fernando Alarza -Series Mundiales triatlón- (CN Galaico), Antonio Serrat -Mundial junior triatlón- (CN Redondela), David Rodríguez (CN Xove), Carla Piroscia e Miguel Pedrouzo (CN Portamiñá), Raquel Fernández, Vanesa López, Miguel Gracia, Vicente Pérez (Náutico Narón) e moitos nadadores infantís que se atopan en plena progresión. Dado o cartel, agárdase una competición de grande nivel deportivo e con grandes rexistros, que servirá como preparación para os campoonato de España e galegos do vindeiro mes de decembro. A organización do mesmo corre a cargo do Náutico de Narón co patrocinio e colaboración do Padroado de Deportes, os organizadores tamén farán entrega de varios premios a nivel individual: o XII Memorial Javier Lago e IX Trofeo ADAN Náutico de Narón ás mellores marcas individuais. A cita será ás 17:30 horas na piscina de A Gándara , con entrada gratuita.
www.naron.es