Concello de Narón
Novas
O TORNEO DE ESGRIMA ANTIGA 'CIDADE DE NARÓN' DISPÚTASE O SÁBADO 13 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN DE SANTA ICÍA
Haberá 50 participantes de Galicia e Asturias, e impartiranse clases de distintos niveis de Esgrima. Ademáis, haberá unha exposición de simuladores de espadas.
Narón, 11 de Decembro de 2014.- O Pavillón Polideportivo Campo da Serra (Santa Icía) acollerá o sábado 13 de decembro de 9:30 a 21:00 horas o IV Torneo de Esgrima Antiga ‘Cidade de Narón’, organizado pola Asociación Naronesa de Esgrima Antiga (ANEA) en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. A entrada é gratuita. O programa deste torneo é o seguinte: -9:30 horas: Recepción dos participantes -10:30 horas: Clases de Iniciación Ropera (Ton Puey), Avanzada Mano e Media (Daniel Mablung López Varela). -11:45 horas: Clases: Avanzada Ropera (Ton Puey), Iniciación Mano e Media (Daniel López). -13:00 horas: Xogos de Armas. -14:30 horas: Comida. -16:30 horas: Torneo Ropera. -18:30 horas: Torneo Mano e Media. -20:30 horas: Entrega de Trofeos e despedida. A Esgrima Antiga é un arte marcial europeo que estuda a práctica e a teoría do uso civil das armas que se empregaban en Europa entre os séculos XII e XVIII. O torneo naronés, que cada ano gana en seguidores –tanto na parte lectiva como deportiva- contará con máis de 50 tiradores de Galicia e Asturias. Durante a mañá, os participantes poderán asistir ás clases impartidas por Maestros de prestixo internacional e nacional. As clases serán sobre Espada Ropera, a principal arma civil do século de oro e a Espada de Mano e Media, a máis característica deste arte marcial. Ó longo do evento, os participantes disporán dun espazo habilitado para que poidan realizar asaltos de estudio, e comparar técnicas co resto dos participantes. Á tarde celebraranse os dous Torneos (de Espada Ropera e de Espada de Mano e Media) onde os practicantes de ambas modalidades poderán medir a súa técnica. Ademáis, haberá unha exposición de simuladores de espadas, así como libros que se utilizan para practicar e investigar na actualidade.
www.naron.es