Concello de Narón
Novas
O SORTEO DE PRAZAS DA CAMPAÑA DE ESQUÍ REALIÍZASE O LUNS 22 DE DECEMBRO ÁS 11:00 HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO
Narón, 19 de Decembro de 2014.- A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de informar da data de celebración do sorteo das 20 prazas da Campaña de Esquí da Deputación de A Coruña. A cita será o vindeiro luns 22 de decembro ás 11:00 horas no Salón de Plenos, perante o Secretario Xeral do Concello, que dará fe do acto. Na “Campaña de Esquí 2015”, solicitada polo Padroado de Deportes do Concello de Narón á Deputación da Coruña, participarán nenos/as nados entre os anos 2001 e 2005 (ambos incluídos), que deberán abonar 60€ como cota de participación. Terán cuberta a estancia e manutención, así como os cursiños de esquí e outras actividades que se desenvolverán na Estación Invernal de Manzaneda (Ourense) do 30 de xaneiro ó 1 de febreiro de 2015.
www.naron.es