Concello de Narón
Novas
NARÓN ACOLLE OS DÍAS 14 E 15 DE FEBREIRO O II TORNEO DE SELECCIÓNS DE MINIBASKET
Celébrase nos pavillóns de A Solaina e A Gándara, con entrada libre e a participación das seleccións de Galicia, Euskadi e Castela León, e os equipos de Basquet Coruña e Fedesa Rosalía.
Narón, 12 de Febreiro de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou hoxe en rolda de prensa o II Torneo de Seleccións de Minibasket, organizado pola Federación Galega de Baloncesto en colaboración co Concello de Narón. Na convocatoria tamén participaron o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, o delegado da Federación en Ferrolterra, Alberto Cruz, e os concelleiros de Turismo, María Rodríguez Porto, e Promoción Económica, Pablo Villamar. O evento celebrarase os días 14 e 15 de febreiro, nos pavillóns polideportivos de A Gándara e A Solaina, con entrada de balde. En conxunto, está prevista a a participación aproximada de 150 deportistas das seleccións de Galicia, Euskadi e Castela León, e os equipos de Basquet Coruña (categoría feminina) e Fedesa Rosalía (categoría masculina). O calendario de partidos é o seguinte: PAVILLÓN A GÁNDARA CATEGORÍA MINI MASCULINA Sábado 14 de febreiro de 2015: 10:00 h: Galicia-Castela León 12:00 h: Euskadi-Fedesa Rosalía 17:00 h:Galicia-Euskadi 19:00 h: Castela León-Fedesa Rosalía Domingo 15 de febreiro de 2015: 10:00 h: Euskadi-Castela León 12:00 h: Galicia-Fedesa Rosalía PAVILLÓN A SOLAINA CATEGORÍA MINI FEMININA Sábado 14 de febreiro de 2015: 10:00 h: Galicia-Euskadi 12:00 h: Castela León-Basquet Coruña 17:00 h: Galicia-Castela León 19:00 h: Euskadi-Basquet Coruña Domingo 15 de febreiro de 2015: 10:00 h: Euskadi-Castela León 12:00 h: Galicia-Basquet Coruña O Padroado de Deportes do Concello de Narón achegará 3.000€ para este torneo, no que os equipos femininos terán a sede no pavillón de A Solaina e os masculinos no pavillón de A Gándara. Estímase unha ocupación hoteleira superior ó 80% neste fin de semana en Narón. O Alcalde de Narón agradeceu ó presidente da Federación Galega de Baloncesto a elección deste municipio para celebrar o Torneo, posto que ademáis do espectáculo deportivo, aporta un beneficio engadido ó sector hosteleiro. A maiores do Torneo de Minibasket, a Federación Galega de Baloncesto impartirá en dous fins de semana (14 e 15, e 21 e 22 de febreiro) uns Cursos de Adestradores, que se celebrarán no Colexio Santiago Apóstol, a quen o Concello de Narón tamén agradeceu a súa colaboración.
www.naron.es