Concello de Narón
Novas
O CONCELLO E O CLUB DE REMO NARÓN ASINAN UN CONVENIO PARA A REALIZACIÓN DO XVIII TROFEO DE BATEIS 'CIDADE DE NARÓN'
Narón, 6 de Marzo de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club de Remo Narón, Juan Ignacio Cabana Leira, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización do “XVIII Trofeo de Bateis Cidade de Narón”. O evento deportivo disputarase mañá día 7 de marzo, de 15:00 a 20:00 horas, na Ensenada da Gándara. O Concello realizará unha aportación económica de 1.500€ para o desenvolvemento do trofeo. O Club de Remo Narón leva dende o ano 1997 desenvolvemento a promoción da actividade deportiva de Remo no municipio de Narón, aumentando ano a ano o número de deportistas adscritos a este club.
www.naron.es