Concello de Narón
Novas
O CONCELLO E O CLUB CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN
Estará vixente durante este ano 2015, e o Concello realizará una aportación de 70.000€ para o fomento do fútbol sala en tódalas categorías.
Narón, 16 de Marzo de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Cidade de Narón de Fútbol Sala, Ramón Padín, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia deportiva. O acordo ten unha vixencia anual (do 1 ó 31 de xaneiro de 2015) e a través do mesmo o Club recibirá do Concello unha achega de 70.000€ para o desenvolvemento da actividade deportiva do fútbol sala en tódolos niveis. Asimesmo, poderá utilizar as instalacións do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara (incluída a sala de musculación) e o Pavillón Campo da Serra de Santa Icía.
www.naron.es