Concello de Narón
Novas
SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E O CLUB ESCUDERÍA SIROCO
O acordo permitirá a organización do XXVIII Rally de Narón, previsto para principios do mes de xuño.
Narón, 20 de Abril de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Escudería Siroco Narón, Antonio Sueiras, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a organización do XXVIII Rally de Narón. Esta proba deportiva disputarase os días 5, 6 e 7 do mes de xuño. O Club Escudería Siroco Narón leva vintesete anos organizando o Rally de Narón. Trátase dunha competición moi demandada e cun alto seguimento de afeccionados, o que converte a Narón no centro de atención de toda a comunidade galega nesas datas. O rally disputarase tanto no termo municipal de Narón coma nos concellos limítrofes. O Club Escudería Siroco Narón encargarase da organización desta proba deportiva, para o cal o Concello de Narón achegará a través deste convenio unha partida de 41.000€ que se destinarán a este fin.
www.naron.es