Concello de Narón
Novas
ASINADO UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CLUB VOLEIBOL NARÓN-VOLEA PARA A PRÁCTICA DESTE DEPORTE EN NARÓN
Narón, 21 de Abril de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Voleibol Narón-Volea, Plácido Vicente Armada Peña, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a coordinación e promoción de actividades relacionadas con esta disciplina deportiva. Na sinatura do mesmo tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida. A través deste acordo, o Club obrígase a fomentar e potenciar a práctica do Voleibol dende as categorías Base ata a categoría Senior, sendo o encargado da realización, coordinación, promoción e desenvolvemento de calquera actividade relacionada co mesmo. O convenio ten unha vixencia anual (estará vixente ata o 31 de decembro de 2015) e o club percibirá unha achega de 6.000€ para a realización das actividades relacionadas co Voleibol.
www.naron.es