Concello de Narón
Novas
CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A CELEBRACIÓN DO CAMPIONATO DO NORTE DE ESPAÑA DE CULTURISMO E FITNESS
O Auditorio da Praza de Galicia acolle este evento, organizado pola Escola Deportiva Revolution Natural Sport de Narón.
Narón, 8 de Maio de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Escola Deportiva Revolution Natural Sport de Narón, Juan Luis Pernas, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a celebración do Campionato do norte de España de Culturismo e Fitness, que terá lugar o domingo 10 de maio, de 10:00 a 15:00 horas no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. A través deste acordo, a Escola Deportiva Revolution Natural Sport de Narón percibirá unha achega de 500€ para o desenvolvemento desta cita deportiva, que reunirá a cerca de 50 competidores/as de toda Galicia e do norte de España (procedentes de Asturias, Cantabria, País Vasco, La Rioja e Castela e León).
www.naron.es