Concello de Narón
Novas
PRESENTADO O XXII TORNEO DE BALONMÁN 'CIDADE DE NARÓN' NO QUE PARTICIPARÁN 200 XOGADORES DE TODA GALICIA
O Club de Balonmán Narón representará ó municipio nos Xogos do Eixo Atlántico..
Narón, 14 de Maio de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, o presidente do Club Balonmán Narón, José Oreona, e a vicepresidenta da entidade, Laura Barrio, presentaron hoxe en rolda de prensa o 22º Torneo de Balonmán Cidade de Narón, que se desenvolverá o sábado 16 de maio no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, con entrada libre. Está prevista a participación aproximada de 200 deportistas dos seguintes clubs deportivos: - Club Balonmán Ártabro -Club Balonmán Xaias -Club Balonmán Moaña -Club Balonmán Ferrolterra -Club Balonmán Narón A competición dividirase por categorías, atendendo ós seguintes horarios: -De 11:00 a 14:00 horas: Alevín mixto e Infantil mixto.. -De 16:00 a 21:00 horas: Cadete masculino e Senior masculino. Dende a directiva do clube agradeceuse o apoio do Concello de Narón para levar a cabo este evento, mentres que os responsables municipais felicitaron á entidade deportiva polos resultados acadados nesta tempada. Por outro lado, a Concelleria de Deportes de Narón anunciou que este ano Narón estará representado nos Xogos do Eixo Atlántico por un grupo de xogadores do Club de Balonmán Narón (14 deportistas e 3 adestradores e delegados). A estancia será en Matosinho (Portugal) do 5 ó 10 de xullo de 2015.
www.naron.es