A cita deportiva terá lugar o día 20 de setembro a partir das seis da tarde
Narón, 17 de setembro de 2015. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou en rolda de prensa a vixésimo terceira edición da Copa Galicia de Baloncesto Feminino, que se disputará o día 20 no pavillón polideportivo da Gándara. O edil naronés estivo acompañado no acto polo presidente do Club Baloncesto Narón, Juan Manuel Pérez, e o director deportivo da citada entidade, Jesús Manuel Varela. A cita será ás seis da tarde e as entradas poranse á venta na taquilla do Pavillón polideportivo da Gándara a un prezo de tres euros.
O edil de Deportes naronés destacou a relevancia deste evento, co que colabora o Concello a través do Padroado de Deportes e animou á veciñanza a asistir á convocatoria. Pola súa banda, os representantes do Club Baloncesto Narón valoraron a colaboración do Concello de Narón.