Concello de Narón
Novas
O ALCALDE ASINA UN CONVENIO COA AGRUPACIÓN DEPORTIVA NÁUTICO DE NARÓN
A aportación do Concello naronés coa entidade ascende a 21.000 euros
Narón, 28 de setembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, asinaron no Concello, xunto co edil de Deportes da localidade, Román Romero, un convenio de colaboración por un importe de 21.000 euros. O representante do clube naronés agradeceu o respaldo económico prestado polo Concello e o rexedor local, pola súa parte, destacou os éxitos deportivos deste clube local, que conta con escolas de natación e triatlón, e explicou que con cargo a esta partida a agrupación deberá afianzar o seu desenvolvemento e potenciar e promocionar diferentes actividades deportivas ao longo do ano.
www.naron.es