O Concello colabora coa sinatura na celebración do Torneo de Golf "Cidade de Narón"
Narón, 30 de outubro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou un convenio co presidente do Club de Golf Campomar, Manuel Villadóniga, por un importe de 800 euros, nun acto ao que tamén asistiu o edil de Deportes, Román Romero. Esa partida destinarase á celebración do “Torneo de Golf Cidade de Narón”. As probas dispútanse os dous últimos días de outubro nas instalacións da entidade, na parroquia do Val, en horario de mañá e tarde, desde as 09.00 ata as 20.00.
A sinatura do acordo compromete ademais aos representantes do Club de Golf Campomar a fomentar e potenciar a práctica deste deporte na localidade. O rexedor local destacou ao respecto o traballo que realiza o colectivo na promoción da práctica do golf entre a veciñanza da localidade, con actividades dirixidas a persoas de diversas idades.