Concello de Narón
Novas
JOSÉ MANUEL BLANCO ENTREGOU O PREMIO AO MELLOR DEPORTISTA DE BASE DE FÚTBOL SALA DE NARÓN EN 2015 A MARCO CAGIAO RODRÍGUEZ
O galardoado xoga no Cidade de Narón Fútbol Sala e recibiu o premio no Consistorio
Narón, 16 de xaneiro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu esta mañá no Concello a Marco Cagiao Rodríguez, xogador do Cidade de Narón e gañador do premio ao Mellor Deportista de Base de Fútbol Sala no ano 2015. Marco recibiu de mans do alcalde un trofeo conmemorativo e uns agasallos institucionais, xa que debido a un erro non se lle entregou o premio durante o transcurso da XXVII Gala do Deporte de Narón, celebrada a finais de novembro de 2015 no Pazo da Cultura. O premiado conversou animadamente co rexedor local e co edil Guillermo Sánchez Fojo -tamén presente no acto-, aos que lles confesou a súa paixón polo fútbol sala e polo equipo do que forma parte, o Cidade de Narón. Blanco felicitou a Marco Cagiao polo premio obtido e animouno a continuar xogando ao fútbol sala para seguir recibindo distincións como a entregada hoxe pola súa disciplina e bo facer nesta modalidade deportiva.
www.naron.es