Concello de Narón
Novas
O CONCELLO ACOLLEU UNHA RECEPCIÓN INSTITUCIONAL A JAVIER LOZANO, PRESIDENTE DA LIGA NACIONAL DE FÚTBOL SALA
O alcalde, José Manuel Blanco, recibiu no seu depacho a Lozano, que estivo acompañado polo director de Organización Deportiva da LNFS, directivos do Cidade de Narón Fútbol Sala, e polo edil Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 16 de xaneiro de 2016. O presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), Javier Lozano, e o director de Organización Deportiva e Xefe do departamento de Competición da LNFS, Ignacio Vicente, desprazáronse hoxe a Narón, onde foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, no seu despacho da Casa Consistorial. No acto, que tivo lugar ás 13.30 horas, estiveron tamén o presidente do Club Cidade de Narón Fútbol Sala, José Ramón Padín, o vicepresidente e director deportivo do citado clube, Tomás Llao, e o concelleiro Guillermo Sánchez Fojo. Tras saudar aos representantes da Liga Nacional de Fútbol Sala, o rexedor local desculpou a ausencia do concelleiro de Deportes, Román Romero, que non puido acudir ao acto. A visita de Javier Lozano á localidade responde á ronda que o máximo dirixente da Liga Nacional de Fútbol Sala realiza aos equipos que ascenden a Segunda División, como é o caso do Cidade de Narón FS. Blanco e Lozano falaron da traxectoria do citado equipo naronés e o alcalde aludiu tamén ás infraestruturas deportivas existentes na localidade e tamén á diversidade de deportes que se poden practicar na cidade, todo un referente hoxe en áreas como a deportiva, entre outras. Pola súa parte, o dirixente da Liga Nacional de Fútbol Sala destacou o traballo do Cidade de Narón e felicitou aos representantes do goberno local e aos directivos do clube polo ascenso a Segunda División. Trala conversa, o rexedor local entregou uns agasallos institucionais a Lozano e a Vicente. Esta tarde, ás seis, o pavillón polideportivo da Gándara acollerá un partido entre o Cidade de Narón FS e o equipo El Pozo Ciudad de Murcia, ao que asistirán, entre outras autoridades, o alcalde naronés e o presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala.
www.naron.es