Concello de Narón
Novas
O PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS" DISPÓN DE CORENTA VACANTES PARA A RUTA DO DÍA 21 DE FEBREIRO
Os participantes percorrerán un tramo duns once quilómetros entre as praias de Santa Comba, en Ferrol, e Campelo, en Valdoviño
Narón, 10 de febreiro de 2016. Un cento de persoas confirmaron a súa asistencia á próxima andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, que discurrirá entre as praias de Santa Comba, en Ferrol e de Campelo, en Valdoviño o vindeiro día 21 de febreiro. O edil de Deportes, Román Romero, animou aos veciños e veciñas a participar nesta convocatoria, recordando que hai corenta vacantes –o máximo de participantes son 140-. As persoas interesadas en asistir dispoñen ata o día 17 de febreiro de prazo para anotarse, un trámite que deben realizar no pavillón polideportivo da Gándara de luns a xoves, en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00. O prezo por participante é de tres euros, cantidade na que se inclúen gastos de desprazamento en autobus ata o punto de inicio da ruta e un avituallamento. Os participantes realizarán un percorrido duns once quilómetros. A saída será do pavillón polideportivo da Gándara, desde donde un autobús levará aos camiñantes ata o punto de saída da ruta, no areal de Santa Comba e tamén os levará de regreso desde a praia de Campelo ata o pavillón polideportivo da Gándara unha vez remate a andaina.
www.naron.es