O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS QUEDA APRAZADO DEBIDO ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS ANUNCIADAS PARA ESTA FIN DE SEMANA
O edil de Deportes, Román Romero, indicou que en breve se comunicará unha nova data para celebrar este evento
Narón, 26 de febreiro de 2016. A delegación ferrolá da Federación de Atletismo comunicou ao edil de Deportes de Narón, Román Romero, o aprazamento do Campionato Provincial de Campo a través que se ía celebrar mañá no polígono industrial de Río do Pozo. O concelleiro apuntou que a decisión responde ás previsións de condicións meteorolóxicas adversas para esta fin de semana, que complicarían o desenvolvemento das probas nas que ían participar unhas cincocentas persoas.
Román Romero asegurou que se concretará en breve unha nova data para a celebración desta proba, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta –a través do programa Xogos Galegos Deportivos en idade escolar (Xogade)- e na que colabora o Concello de Narón.