Concello de Narón
Novas
O ALCALDE ASINOU UN CONVENIO CO CLUB ARCO NARÓN POR UN IMPORTE DE 18.500 EUROS
O rexedor local, José Manuel Blanco, e o presidente da entidade deportiva, Francisco Javier Area, rubricaron o documento no Concello
Narón, 27 de decembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Arco Narón, Francisco Javier Area, asinaron hoxe un convenio de colaboración. O edil de Deportes, Román Romero, estivo presente no momento da sinatura, que tivo lugar ás 13.00 horas no Concello. O Club Arco Narón recibirá unha axuda económica de 18.500 euros procedente da administración local, tal e como figura no acordo rubricado entre ambas partes. Con cargo á citada partida, o clube naronés comprométese a promocionar a actividade de tiro con arco na localidade, ao tempo que participará en diversos campionatos da citada especialidade, contribuíndo así a difundir fóra de Narón a imaxe do Concello no mundo do deporte. A este fin reservaranse 13.000 euros do convenio, se ben os 5.500 restantes serán para cubrir gastos de desprazamento a diversas competicións. O alcalde destacou o traballo dos homes e mulleres que forman parte do Club Arco Narón, que levou a algúns deles a participar e obter uns excelentes resultados a nivel nacional e internacional. O rexedor aproveitou a ocasión para felicitar a todo o persoal que forma parte deste clube local polos éxitos acadados.
www.naron.es