Concello de Narón
Novas
O PADROADO DE DEPORTES ORGANIZA UN CURSO DE INICIACIÓN Ó PIRAGÜISMO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Narón, 6 de Xuño de 2010.- O Padroado de Deportes de Narón, en colaboración co Club de piragüismo Narón, ven de organizar un Curso de Iniciación ó Piragüismo que terá lugar no Paseo Marítimo de Xuvia, frente ó Colexio Ponte de Xuvia. O cursiño terá unha duración de 12 horas, e se desenvolverá do 15 ó 30 de xullo. O número de prazas disponibles é de 12 alumnos/as e para poder participar é imprescindible saber nadar e ter 7 anos de idade ou máis, ou ben cumprir esta idade no presente ano. O curso é gratuito e as inscripcións poden realizarse nas oficinas do Padroado Municipal de Deportes –situadas no Complexo Polideportivo Municipal da Gándara, na estrada da Gándara nº 148- en horario de 9:00 a 13:00 horas. A data límite para a inscripción no curso de iniciación ó piragüismo é o día 14 de xullo. Os cursillistas deberán dispoñer do seguinte material: bañador, maias térmicas, chancletas ou preferiblemente escarpines baixos. Para obter máis información sobre este curso e coñecer os seus horarios, os interesados poden acudir ás oficinas do Padroado de Deportes ou ben chamar ó teléfono 981 38 75 22 no horario de oficina indicado anteriormente.
www.naron.es