Concello de Narón
Novas
PRESENTACION DO NOVO ESCUDO DO CLUBE DE FUTBOL SALA
Narón, 3 de Xuño de 2010.- O presidente do clube Cidade de Narón de fútbol sala, Miguel Rodríguez Aneiros, presentou hoxe en rolda de prensa o novo escudo da entidade deportiva. O logotipo ten unhas claras referencias ó Concello de Narón, como son as trabas e as chaves. As trabas son as armas falantes da antiga e poderosa casa de Traba (cuxos Condes fundaron e protexeron o mosteiro de San Martiño de Xuvia) e as chaves son o símbolo heráldico do Mosteiro de Cluny a cuxos monxes débese a valorización e o cultivo de moitas terras do municipio de Narón. Na parte baixa, o escudo leva o nome “cidade de Narón”, a bandeira de Galicia e a imaxe dun moderno balón de fútbol sala. “Queremos que este clube estea totalmente identificado co Concello e con esta terra”, sinalou o presidente. Pola súa banda, o Alcalde de Narón definiu coma “un orgullo” que este clube colla o máis significativo do logo do Concello de Narón e engadiu que ademáis “o fai cunha virtude engadida: que non costa nada ás arcas municipais”, dixo Jose Manuel Blanco. O rexedor explicou que esta vai a ser “unha maneira máis de identificar o clube co Concello, e dende aquí seguiremos apoiándolo ó mesmo que ó resto de agrupacións deportivas de Narón”, dixo.
www.naron.es