Narón, 1 de Xuño de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, visitaron hoxe o Campo de Golf “Campomar”, en O Val, para compartir unha clase sobre este deporte dirixida a alumnos/as do colexio Santiago Apostol.
Un total de 20 estudiantes de 5º de Educación Primaria, acompañados polo seu profesor, acudiron hoxe a estas instalacións. O programa no que participan forma parte dun plan de fomento do deporte escolar desenvolvido polo Padroado de Deportes de Narón, e realizado en colaboración –neste caso- co propio club Campomar. Hoxe era o primeiro día que este colexio visitaba o campo de golf de Narón, pero repetirán os días 3, 4 e 8 de xuño. Eso sí, tocaralle o turno a alumnos/as do resto de cursos de Educación Primaria.
No programa de deporte escolar están a participar escolares de 7 a 12 anos de idade dos seguintes centros educativos de Narón: Colexio Jorge Juan, CEIP Piñeiros, CEIP Virxe do Mar, CPI do Feal, e Colexio Santiago Apóstol. En total 367 alumnos/as están a recibir clases de golf. O Concello corre cos gastos de financiamento do transporte, estimados en 1.385 euros.
O calendario e a relación de alumnos que acudirán por cada centro é a seguinte:
Jorge Juan: 58 alumnos (acudirán os días 27 de maio, e 10 de xuño)
Virxe do Mar: 12 alumnos (25 de maio)
Santiago Apóstol: 83 alumnos (dias 1, 3, 4 e 8 de xuño)
Piñeiros: 25 alumnos (11 de xuño)
Feal: 189 alumnos (27 de maio, e 3, 4, 8 e 11 de xuño)