Concello de Narón
Novas
CELEBRACIÓN DO 16º TORNEO DE CAZA E 2º TORNEO DE PESCA ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN DE CAZA E PESCA DE XUVIA
Narón, Xoves 13 de Maio de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa dous eventos deportivos que se celebrarán nesta fin de semana. Trátase do 2º Torneo Cidade de Narón de Caza, nas modalidades San Huberto e Rastro de Xabarín Atraillado, e a 16ª edición do Campionato de Pesca Cidade de Narón. O Torneo de Caza se celebrará o domingo 16 de maio en Sedes, partindo do recinto feiral do Trece. A organización corre a cargo da Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, e ambas probas son puntuables para a Copa Galicia. A modalidade San Huberto consiste nunha caza con perdiz de granxa, poñéndose a disposición de cada cazador 3 pezas e catro cartuchos. O xurado valorará a actitude deportiva e o comportamento ecolóxico do cazados, e a actitude do can durante a proba, tal e como informou Marcial Ramil, Xuvi de San Hberto de Cans de Parada e presidente do Clube Drahthaar. O rastro de xabarín dará comenzo sobre as 10:00 da mañá. Tres horas antes, a organización realizará un paseo do xabarín para que logo os cans sigan o seu rastro, valorando a voz, expresividade, e facilidade coa que sigue esa pista, entre outros aspectos. O rastro de Xabarín é unha modalidade que actualmente está en auxe, tal e como indicou o delegado de rastros da Federación Galeta, Emilio Vila. O representante da entidade organizadora, a Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, Eliseo Faraldo, agradeceu ó Concello a súa firme aposta polo deporte dende sempre e indicou que agárdase a participación de perto de 80 concursantes en total. Tamén se realizará un memorial en honor ós antigos monteiros.
www.naron.es