Concello de Narón
Novas
AS INSTALACIÓNS DA PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABREN PARA O BAÑO LIBRE
O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou a reapertura da piscina para baño libre trala execución dunhas obras en agosto e avanzou que o vaso terapéutico reabrirase en outubro
Narón, 20 de setembro de 2019. O concelleiro de Deportes de Narón, José Oreona, anunciou a reapertura das instalacións da piscina municipal da Gándara, que xa está novamente operativa tralo parón do mes de agosto debido á execución duns traballos de mellora das paredes da piscina. O vaso terapéutico, apuntou, permanecerá pechado ata o 1 de outubro. As persoas interesadas en acudir á piscina municipal para baño libre poden facelo pola mañá, entre as 8.00 e as 13.15 horas, en sesións dun máximo de 45 minutos. Polas tardes o horario é durante este mes a partir das 15.15 horas ata as 16.45 e de 17.00 ata as 23.00, tamén en tandas de 45 minutos, tal e como indicou o edil naronés. A partir de outubro manteranse o mesmo horario que en setembro polas mañás e polas, tardes, coincidindo co inicio dos cursos de natación modificarase, podendo dispoñer da piscina para baño libre dende as 15.15 ata as 16.45 e tamén de 20.45 a 23.00 horas, interrumpíndose de 16.45 a 20.45 polos citados cursos. As fins de semana durante este mes as instalacións abren de 8.30 a 20.30, con sesións de 45 minutos.
www.naron.es