Concello de Narón
Novas
INAUGURADO O PRIMEIRO CIRCUITO DE RADIOCONTROL DA COMARCA, SITUADO EN RIO DO POZO
Narón, 27 de Novembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, inauguraron hoxe o primeiro circuito de radiocontrol da comarca de Ferrolterra, e un dos poucos existentes na provincia. Trátase dunha instalación situada no polígono de Rio do Pozo, al lado do Punto Limpo Municipal, que ocupa unha superficie de 4.000 metros cadrados sobre os que se construiron 400 metros de circuito. O orzamento total desta actuación ascendeu a 106.000 euros, que foron financiados con cargo ó Fondo Local de Inversión (Plan E), tal e como indicou a Concelleira de Deportes. Natalia Hermida agradeceu ó Clube de Radiocontrol de Narón a súa colaboración “no deseño do circuito e tamén no seguemento das obras. Esta pista servirá para facer probas federadas de resistencia”, engadíu. No vindeiro mes de decembro estrenarase este circuito, coa celebración dunha proba organizada polo Clube RC Narón. Logo de descubrir a praca e percorrer as instalacións (que inclúen unha zona de boxes, e un mirador para os espectadores) o Alcalde declarou que esta inauguración “é un paso máis no traballo que estamos a facer en Narón para dotar de servizos ó noso concello, tanto no terreno deportivo coma no cultural e no social”, indicou. Jose Manuel Blanco amosouse “satisfeito coa labor que o Concello está a facer en tódolos sentidos”.
www.naron.es